Cano dos Mouros, puesta de Sol

Festival Rei Sol Viladesuso (Oia) 2025

En Viladesuso (Oia) estamos xa preparándonos para vivir unha fin de semana repleta de actividades culturais e de lecer para todas as idades. Chega unha nova edición do Rei Sol do 5 ao 7 de setembro!

O festexo, organizado pola Asociación Veciñal de San Miguel de Viladesuso e a Comunidade de Montes de Viladesuso, brindará unha nova oportunidade para gozar de actividades de lecer que combinan natureza, cultura, participación veciñal e tradición popular nun ambiente de convivencia, celebración e posta en valor do patrimonio. As actividades son gratuítas e non precisan inscrición previa.

Festival Rei Sol Viladesuso 2025

O evento chega este ano cunha programación que se amplía ata os 3 días, de venres a domingo, e que se repartirá entre distintas localizacións da nosa parroquia. Xunto á tradicional obra de teatro que a veciñanza representa no Cano dos Mouros e a contemplación do solpor, actividades emblemáticas deste evento desde a súa primeira edición, o Rei Sol mantén este a súa recente aposta polos xogos tradicionais na área de lecer do Cabezo.

Ademais, nesta edición incorporamos varias novidades: unha visita guiada nocturna (esta tócame a min) e a presentación dun libro escrito pola nosa veciña Dalia, quen estará acompañada pola música de Gloria Rodríguez Gil. Este ano, no que temos o talento local moi ben representado, tamén queremos convidarte a ser parte activa da festa traendo o teu instrumento musical para participar no serán que fará de fin de festa.

Non vou contarte moitos detalles máis porque prefiro deixarte este resumo do programa, as localizacións de cada actividade e algunha información útil a ter en conta se queres vir a pasar un bo rato con nós:

  • VENRES 5 DE SETEMBRO

20:00h. Pequena andaina nocturna organizada por Amodo Turismo para coñecer diversos petróglifos no monte comunal de Viladesuso.

  • Punto de encontro: Caseta de cazadores de Mougás.
  • Recomendacións: levar lanterna (ou móbil coa batería cargada para poder empregar a función de lanterna), roupa de abrigo, pantalón longo e calzado pechado.
  • Actividade gratuíta, non require inscrición previa.
  • Máis información: Tel 677 78 32 96 (Patri, de Amodo Turismo)
  • SÁBADO 6 DE SETEMBRO

17:00h. Xogos populares, tanto individuais como colectivos, para todas as idades. A tarde estará amenizada pola música do grupo Deixandar.

  • Localización: Área de Lecer do Cabezo (ao carón da PO-552 que une Baiona e A Guarda, ao seu paso por Viladesuso)
  • Recomendacións: calzado e roupa cómoda para poder xogar á chave, ra, comba, carreiras de sacos, o pano, as cadeiras, lanzamento de sacho, etc.
  • Haberá bebida e empanadillas a prezos populares.
  • Actividade gratuíta, non require inscrición previa (as inscricións faranse no momento).
  • DOMINGO 7 DE SETEMBRO

12:00h. Presentación do libro “A figueira máxica” de Dalia González Pulido, co acompañamento musical de Gloria Rodríguez Gil.

17:00h. Obradoiros infantís sobre a Prehistoria. A seguir, visita guiada no castro do Cano dos Mouros e a Cadeira do Rei Sol.

  • Localización: castro-miradoiro de Cano dos Mouros
  • Recomendacións: calzado e roupa cómoda, gorra para o sol.
  • Haberá bebida e empanadillas a prezos populares.
  • Actividades gratuítas, non requiren inscrición previa.

19:00h. Obra de teatro “O ouro de Gallaecia”, a cargo do grupo veciñal “O Mellor de Cada Casa”. Para todos os públicos.

20:00h. Serán popular e contemplación do solpor.

  • Haberá bebida e empanadillas a prezos populares.
  • Localización: castro-miradoiro de Cano dos Mouros
  • Recomendacións: calzado e roupa cómoda e de abrigo. Trae o teu instrumento e súmate á festa!

Agardámoste no Rei Sol de Viladesuso 2025!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *