Didáctica
patrimonial
"Amodiño"

Ademais de visitas guiadas polo rural do Baixo Miño, tamén desenvolvo obradoiros, dinámicas e visitas específicas apra aprender e divertirmos coñecendo o patrimonio e a paisaxe. Petróglifos, castros, curros, a tradición dos cabaqueiros (artesáns que fabricaban as tellas) e a vida no rural son algunhas das temáticas que abordamos a través de distintas experiencias participativas.
Trátase de poñer en valor o coñecemento e saberes tradicionais, historia, legado, valores, identidade… Descubrir toda a riqueza patrimonial do Baixo Miño de xeito participativo e lúdico. Cada actividade busca promover a reflexión, o debate, a análise crítica e, sobre todo, vivir o patrimonio a través dos 5 sentidos: o que vemos, o que escoitamos, o que cheiramos e, algunha que outra vez… o que saboreamos!
Teño algunhas actividades deseñadas que se poden adaptar segundo cada grupo e nivel educativo, pero tamén me encanta traballar “á carta” segundo as túas preferencias e necesidades. Así que, se tes algunha idea ou temática que che gustaría traballar co teu colectivo (pode ser escolar ou doutro tipo) contacta comigo e estudiámola.

Oia

 O Rosal

Tomiño

A Guarda