Visitas guiadas e paseos polo rural
As visitas guiadas e paseos polo rural de Amodo Turismo son percorridos sinxelos cos que descubrirás o patrimonio, paisaxe e contorna natural dalgúns dos lugares máis emblemáticos do Baixo Miño, unha comarca do sur de Galicia da que forman parte os municipios de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui.
Baixo Miño, lugar de contrastes
As visitas guiadas de Amodo Turismo son paseos (de diversa lonxitude e duración) nos que descubriremos un importante patrimonio rural ao tempo que gozamos dunha paisaxe chea de contrastes entre o mar e a montaña.
-Percorreremos os mellores miradoiros do Baixo Miño e zonas de abrupta costa, todos eles testemuñas de relevantes feitos históricos.
-Descubriremos toda a vida que albergan os montes, ribeiras dos ríos, pozas e brañas, así como a rica variedade de cultivos do val do Miño.
-Gozaremos contemplando a arte gravada na pedra ao longo de séculos (ou incluso milenios): desde os petróglifos prehistóricos de formas máis ou menos definidas ata os fermosos detalles de cantería conservados en muíños, fontes e cruceiros.
-A cada paso que nos topamos co tanxible, tamén nos empaparemos da riqueza inmaterial que emana de cada lugar. Coñeceremos as lendas, costumes, oficios, prácticas, formas de vida e tradición que seguen vivas grazas á memoria de la poboación local e ao agarimo e orgullo co que as preservan.
Visitas personalizadas
Ademais da programación propia, con actividades calendarizadas, desde Amodo Turismo tamén te ofrezo a posibilidade de desfrutar de rutas personalizadas para grupos de amizades, familias, colectivos e institucións.
Grupos pequenos
A idea é crear un ambiente distendido e onde todo o mundo nos sintamos a gusto. Non se trata de asistir a unha masterclass: a reflexión, o debate e a participación son sempre benvidos!
Tarifas a medida
Contacta comigo para pedir o orzamento (sen compromiso) da túa ruta ou visita personalizada.
Para turistas e veciños
As actividades de Amodo non están pensadas unicamente para visitantes chegados doutros lugares. Tamén son una oportunidade para que as persoas da contorna máis próxima redescubran e reflexionen sobre o seu territorio e patrimonio.
Oia
O Rosal
Tomiño
A Guarda