Este fin de semana en Viladesuso (Oia) celebramos nuestro Rei Sol, un evento organizado por la asociación vecinal y la comunidad de montes y que abarca una gran variedad de actividades relacionadas con el patrimonio, la cultura local y el disfrute de nuestro entorno en comunidad. Este 2024 la programación abarca dos días, así que ¡no te lo puedes perder! Habrá juegos populares, andaina, visita guiada, teatro, música… Y, por supuesto, comida y bebida a precios populares.
Tanto si vives todo el año por aquí, como si estás de vacaciones o quieres hacer una pequeña escapada… Las actividades de O Rei Sol te están esperando. Un fin de semana para reivindicar nuestro patrimonio material e inmaterial, convivir y pasarlo bien.
El evento lleva el nombre de una leyenda local, que nos habla de un rei de la antigüedad que se sentaba cada tarde en la roca conocida como «La Silla del Rei Sol» para ver la puesta de sol. El castro de Cano dos Mouros, en cuyas inmediaciones se encuentra la formación rocosa, se será uno de los emplazamientos de la programación festiva.
Aquí me encontrarás este fin de semana, ¿nos vemos?
Debajo del cartel puedes acceder a toda la información en detalle (actividades con descripción y ubicación, horarios, etc.)
Información en detalle (en galego):
A Asociación de Veciños de Viladesuso e a Comunidade de Montes de Viladesuso organizan na fin de semana do 7 e 8 de setembro O Rei Sol, un evento cultural e divulgativo centrado na promoción do patrimonio, a tradición e a etnografía da nosa contorna.
Na edición deste ano o evento amplía a súa programación a dous días, con actividades lúdico-culturais dirixidas a todos os públicos. Tamén serán dúas as localizacións principais do evento, o recinto do Cabezo e o castro do Cano dos Mouros.
O sábado as actividades terán lugar na área de lecer do Cabezo (ao carón da estrada PO-552). A partir das 18.00 desenvolveranse diversas competicións de xogos tradicionais. As inscricións faranse no propio día e haberá agasallos para os mellores en cada unha das categorías. Ademais, haberá comida e bebida a prezos populares e o grupo local Tra-lo Mosteiro amenizará a xornada coa súa música.
O domingo pola mañá (9.30h) haberá unha andaina participativa arredor do patrimonio e memoria local de Viladesuso, a cal sairá desde o Eirado cara ás Sobreiras do Faro, o Cano dos Mouros e a Silla do Rei Sol. Farase un itinerario circular de 6,5km e dificultade moderada, pasando polos barrios do Sobral e Serraseca. Nas diferentes paradas do percorrido as persoas participantes terán oportunidade de deixar por escrito as súas achegas persoais relativas aos lugares, memorias, vivencias ou impresións que lles inspire cada emprazamento.
As propostas lúdicas e culturais do Rei Sol continuarán pola tarde, a partir das 18.00h no castro do Cano dos Mouros. Alí, o arqueólogo Carlos Otero fará unha visita guiada para explicar os resultados da última intervención desenvolvida neste xacemento polo equipo do Incipit-CSIC. A continuación desenvolverase a obra “Seca”, a cargo de Teatro do Ar, e, como colofón da xornada festiva, haberá unha actuación da formación vocal Os Remexidos.
RESUMO DO PROGRAMA E LOCALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
Sábado 7 de setembro
A partir das 18.00h na área de lecer do Cabezo (localización).
-Xogos tradicionais (diferentes categorías. Inscricións no mesmo día).
-Actuación musical do grupo Tra-lo Mosteiro.
-Comida e bebida a prezos populares.
Domingo 8 de setembro
-9.30h no Eirado de Viladesuso (localización):
Saída da andaina participativa circular pola aldea e o monte de Viladesuso, pasando polo Sobral, as Sobreiras do Faro, o Cano dos Mouros, a Silla do Rei Sol e Serraseca.
-A partir das 18.00 no castro do Cano dos Mouros (localización):
Visita guiada ao castro a cargo do arqueólogo Carlos Otero (Incipit-CSIC).
Representación da obra “Seca”, de Teatro do Ar.
Actuación musical dos Remexidos.