En Viladesuso (Oia) estamos xa preparándonos para vivir unha fin de semana repleta de actividades culturais e de lecer para todas as idades. Chega unha nova edición do Rei Sol do 5 ao 7 de setembro!
O festexo, organizado pola Asociación Veciñal de San Miguel de Viladesuso e a Comunidade de Montes de Viladesuso, brindará unha nova oportunidade para gozar de actividades de lecer que combinan natureza, cultura, participación veciñal e tradición popular nun ambiente de convivencia, celebración e posta en valor do patrimonio. As actividades son gratuítas e non precisan inscrición previa.